Adiantan os prezos do HTC Desire con Orange

luns, 26 de abril do 2010 Marcus Fernández

Aínda que a confirmación do lanzamento do Nexus One en España durante o mes de maio por parte de Vodafone parece ser a nova do día, o seu móbil irmán, o HTC Desire, tamén poderá adquirirse a través de Orange, filtrándose os prezos que terá este terminal cando chegue ás tendas nos vindeiros días. Levaría asociada unha tarifa de datos de 12 euros/mes durante os 18 meses de permanencia en Orange e podería elixirse entre distintas modalidades de contrato, de xeito que a maior cota mensual, menor prezo do móbil: para un plan de voz de 9 euros/mes o móbil sairía en 199 euros, para 22 euros/mes sairía en 109 euros e para 59 euros/mes sairía a 9 euros.
Vodafone tamén venderá este terminal, polo que é de agardar que nos vindeiros días anuncien os seus prezos.

PUBLICIDADE