Adele convértese na primeira cantante en conseguir un dobre disco de platino en iTunes

xoves, 23 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A cantante británica Adele está a colectar éxitos de público e crítica, e co seu último disco, 21, non só gañou 6 premios Grammy (entre os que figuran o de álbum do ano, canción do ano e mellor solista) senón que tamén vén de converterse na primeira artista en superar os 2 millóns de copias dun disco en iTunes (contando só as vendas nos EE.UU.), correspondendo 730.000 copias ás semana pasada, xusto despois da entrega dos premios norteamericanos da música.
Adele sería así a primeira artista en acadar un dobre disco de platino na tenda de descargas musicais de Apple, aínda que estas cantidades continúan a estar lonxe dos 7 millóns de copias que tivo o álbum físico nos EE.UU. e os 18 millóns de copias vendidas en todo o mundo.


Rolling In The Deep é o tema máis popular de Adelel

Tras unha pausa por motivos de saúde, a voz de Adele volveu a escoitarse na gala de entrega dos Premios Grammy

PUBLICIDADE