Adblock Plus atopa o xeito de continuar bloqueando a publicidade en Facebook

xoves, 11 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Pouco lle durou a alegría a Facebook, e tras anunciar que viña de por en marcha un sistema para saltase aos bloqueadores de publicidade de xeito que todos os visitantes á súa páxina web terían que ver os seus anuncios, dende Adblock Plus (un dos 2 bloqueadores máis populares a nivel mundial) saíron tamén á palestra para anunciar que xa atoparan o xeito de evitar a técnica antibloqueo de publicidade, poñendo así en marcha un novo xogo do gato e o rato.
O feito de que Facebook, de xeito unilateral, decidise saltar os filtros de contidos instalados polos usuarios veuse como unha declaración de guerra por parte de Adblock Plus, e puxéronse duramente a traballar até que atoparon un filtro que bloqueaba a nova publicidade de Facebook, e publicaron instrucións para poñen en funcionamento dende xa.
Agora esperan que Facebook realice modificacións no seu sistema para volver a saltarse as medidas antipublicidade, e dende Adblock Plus volverán a buscar a solución ao problema, entrando no que podería ser un bucle infinito por ambas partes agás que se atope un punto de achegamento entre ambas partes.

PUBLICIDADE