Adamo oferta importantes descontos até o 7 de xaneiro

luns, 11 de decembro do 2023 Redacción

O operador de telecomunicacións Adamo lanzou o mes pasado unha promoción a través da que ofrecía os seus paquetes de fibra de 1 Gbps e móbil a 10 euros/mes durante 7 meses, xunto con outros descontos semellantes noutras tarifas, e tras a boa acollida desta campaña de Black Friday, decidiron ampliala até o 7 de xaneiro.
Amais, Adamo agrega 30 GB de datos aos paquetes de 20 e 50 GB ao longo de 4 meses, mentres que os que contraten tarifas con datos compartidos recibirán até 30 GB de balde (10 por cada liña) durante 3 meses.
Esta promoción de Adamo supón unha rebaixa de entre 217 e 329 euros en función da tarifa contratada.

PUBLICIDADE