Artigos desta sección
Orange culmina a compra de MasOrange
Orange completou a adquisición do 50 % de MasOrange que permanecía en mans de Lorca, o seu socio na empresa conxunta creada en España, converténdose así no propietario único do principal operador do mercado español por número de clientes. A operación supón un desembolso de 4.250 millóns de euros e chega despois de recibir todas as autorizacións necesarias, (...)
Ler máisA Aula CeMIT de Ribeira seguirá achegando formación en competencias dixitais durante o verán
A cidadanía de Ribeira poderá seguir mellorando as súas competencias dixitais cunha serie de cursos que ofrece a Aula CeMIT local orientados aos diferentes rangos de idade. O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explicou na presentación da axenda que “queremos que a Aula CeMIT goce de actividade tamén durante verán, continuando así co (...)
Ler máisA USC reúne a comunidade da tecnoloxía educativa na XXXIII edición das Xornadas JUTE
A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á tecnoloxía educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026).
Ler máisA Fundación Orange abre unha nova convocatoria GarageLAB incluíndo nas súas zonas prioritarias a Galicia
Dende a Fundación Orange (Grupo MasOrange), cuxo obxectivo é converter a tecnoloxía nunha oportunidade para mellorar a vida das persoas, veñen de anunciar a apertura da convocatoria GarageLAB 2026-2027 para impulsar a educación dixital e a motivación do alumnado.
Ler máisGalicia busca consolidar un sector TIC máis competitivo e global
O macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da nosa comunidade autónoma xunta esforzos no Cluster TIC Galicia, e para saber máis da evolución deste organismo vertebrador e potenciador falamos co seu presidente, Antonio Rodríguez del Corral.
Ler máisO CITIC da UDC achega a astronomía inclusiva á Coruña cun programa sobre a eclipse solar
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da Universidade da Coruña, que forma parte da Rede CIGUS, organizou a pasada semana unhas xornadas de divulgación científica dirixidas ás persoas usuarias do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña (CAPD), co obxectivo de achegarlles o coñecemento do Sol, da Lúa e do (...)
Ler máisA Deputación da Coruña prepara unha 2ª edición de Mercanavila.gal
A Deputación da Coruña anunciou que "tralo éxito da primeira convocatoria" traballa xa na posta en marcha dunha segunda edición de MercaNaVila, o programa pioneiro de apoio ao comercio de proximidade nos concellos máis pequenos da provincia. O eixe de actividades volverá ser a web mercanavila.gal, a plataforma oficial da iniciativa dende a cal as persoas (...)
Ler máisA Maker Faire Galicia converteu Santiago en capital das tecnoloxías inclusivas e da rapazada argalleira
Celebrouse o pasado sábado 6 de xuño no centro comercial Área Central a XII edición da Maker Faire Galicia, a maior feira de inventoras e inventores, creadoras e creadores do mundo. Na Maker Faire atopamos: tecnoloxía, enxeñaría, ciencia, arte, artesanía e educación baixo a filosofía do Faino ti mesma (Do It Yourself). Obradoiros, charlas, exhibicións e proxectos (...)
Ler máisRAGC e a UIE premian sete novos talentos investigadores da USC, a UDC e a UVigo
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación científica en Galicia, dando recoñecemento e potenciando as traxectorias de investigadoras e (...)
Ler máisInvestigadores da UDC exploran o potencial dos dispositivos na rehabilitación infantil no fogar
Investigadoras do CICA da Universidade da Coruña participaron nun estudo internacional que analiza como nenos e nenas con parálise cerebral unilateral empregan a tecnoloxía no seu día a día e como perciben as súas familias o uso de dispositivos como tabletas, teléfonos móbiles ou videoconsolas no (...)
Ler máis