Absolven definitivamente á tenda Alechip por comercializar cartuchos para Nintendo DS
xoves, 16 de febreiro do 2012

- O avogado Carlos Sánchez Almeida xunto ao seu defendido, Alejandro Fernández Guitiérrez
A Audiencia Provincial de Oviedo desestimou
o recurso presentado pola multinacional Nintendo contra a sentenza absolutoria
do Xulgado Penal de Avilés que entendÃa que Alejandro Fernández Gutiérrez,
propietario da tenda de videoconsolas e reparación de teléfonos móbiles
Alechip, non era culpable de diversos delitos contra a propiedade intelectual e
industrial polos que a compañÃa nipona esixÃa 23 anos de cadea.
O caso Alechip remóntase ao ano 2009, cando a Administración de Aduanas de
Avilés retivo a petición de Nintendo unha partida de cartuchos que permitÃan
dotar a consolas portátiles da compañÃa dunha memoria dende a que poder
executar software caseiro (o que tamén permite a execución de copias ilegais de
xogos). Considerouse que este tipo de produtos non son ilegais (por non servir
exclusivamente para a reprodución de copias) e tampouco considerouse que
vulnerasen a propiedade intelectual de Nintendo, por ser claramente diferenciables
dos produtos da compañÃa, limitándose a copiar a forma do conector dos
cartucho.
