Absolven aos responsables de Elitedivx
xoves, 11 de novembro do 2021
As
vellas causas xudiciais contra páxinas que facilitaban as descargas a través de
redes P2P parecen rematar todas do mesmo xeito: confirmando que estes espazos na
web non eran ilegais até que se reformou a lexislación poder perseguilas. E
precisamente agora temos un caso deste tipo, o de Elitedivx, páxina que foi obxecto
dunha operación policial en 2007 que rematou
nun sobresemento en 2008, para retomarse
en 2009, e finalmente confirmarse agora pola Audiencia Nacional de Murcia a
absolución
dos tres cidadáns acusados.
No momento no que a PolicÃa e a Garda Civil actuaron contra Elitedivx nunha macrooperación
na que detiveron a 10 persoas e pecharon 21 páxinas web con ligazóns a redes
P2P con pelÃculas e música que podÃan descargarse de balde, parecÃa bastante
clara a desproporción das actuacións, xa que o Código Penal non recollÃa como
delito a actividade que realizaban estas páxinas web, e baseábanse nunha
interpretación da lexislación incorrecta (como quedara claro en moitas
actuacións en anos anteriores), e non serÃa até a reforma do Código Penal de
2015 cando pasou a considerarse ilegal non só a publicación de contidos
vulnerando o copyright, senón tamén facilitar o acceso aos mesmos aÃnda que a
súa publicación fose obra de terceiros.
Actualmente unha páxina web como Elitedivx serÃa claramente ilegal, e incluso
serÃa relativamente doado o seu peche, pero cando se actuou contra ela (2007) a
lexislación era diferente, resultando especialmente rechamante que se tardasen
tantos anos en deixar clara tal situación.