Ábrese o prazo de solicitude de axudas para a compra de ordenadores por parte de traballadores autónomos

mércores, 8 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os traballadores autónomos galegos poderán pedir a partir deste xoves axudas para a adquisición de equipos informáticos que contarán con ferramentas ofimáticas de Software Libre de xeito gratuíto.
Esta subvención convocada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria vai dirixida a traballadores dados de alta no Réxime Especial da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade en Galicia (agás comerciais retallistas, que xa contan con liñas de axuda específicas) e acadará o 45% do investimento cun máximo de 350 euros por solicitante, quen deberá achegar copia do DNI ou NIE, copia do documento de pagamento mensual á Seguridade Social do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (do mes anterior á solicitude), e declaración do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta no IAE.
A axuda pódese solicitar dende o 9 de outubro de 2008, permanecendo vixente durante 2009 ata esgotarse os 659.400 euros consignados para 2008 e os 999.950 euros consignados para 2009.
As entidades colaboradoras das Axudas TIC Autónomos, nas que se poden adquirir os equipos informáticos suxeitos a subvención son as seguintes:

Entidade colaboradora Provincia Páxina web
Advanced Systems Puntobit, S.L. A Coruña www.softic.es
Aracnosoft, S.L. A Coruña www.aracnosoft.com
AS Computer Maccenter, S.L. A Coruña www.asmaccenter.com
Asistec TI, S.L.U. A Coruña www.broker-informatica.es
AVA Soluciones Tecnológicas, S.L. A Coruña www.avaforum.com
El Muelle Servicios Hosting, S.L. A Coruña www.elmuelle.es
Iglesias Informática e Telecomunicacións, S.L. A Coruña www.iglesiasinformatica.com
IT-Projects S.L. A Coruña www.it-projects.es
Jet Machine Computers, S.L. A Coruña www.jmcinformatica.com
Mouzo Villar, José Bernardino A Coruña www.informouzo.com
PCS Galicia, S.L. A Coruña www.pcsgalicia.com
Rey Casais, Luciano 000975050K, S.L.N.E. A Coruña www.informaticadr.es
SBF, S.L. A Coruña www.sbf-informatica.com
Teleco Santiago, S.L. A Coruña www.grupoteleco.com
Augesa Servicios, S.L. Lugo www.augesa.es
Dunid, S.L. Lugo www.dunid.org
Informática Integral Galega, S.L. Lugo www.infotelecos.com
Innova Galicia Networks Solutions, S.L. Lugo www.ign-solutions.com
Line Tecnología y Comunicación, S.L. Lugo www.linetecnologia.com
SCAn Informatica, S.L. Lugo www.sca-informatica.com
Discount Informatico, S.L. Ourense www.disinf.com
Enbel Informatica, S.L. Ourense www.enbel.net
Hita Torres Tridente 2007, S.L. Ourense www.dynos.es
Redegal, S.L. Ourense www.redegal.com
Campillo Casais, Manuel Pontevedra www.microsvigo.net
Formade, S.L. Pontevedra www.icaformacion.com
Informatica Luis Pigni, S.L.U. Pontevedra www.beep.es
Informática Viguesa, S.L. Pontevedra www.invi.net
Saec Data, S.A. Pontevedra www.saec.es
Softgasa Informática, S.L. Pontevedra www.softgasa.es
Software y Comunicaciones Marka Informatica,S.L. Pontevedra www.softmarka.es
Visual Publinet, S.L. Pontevedra www.visualpublinet.com

PUBLICIDADE