Ábrese o concurso a consultoras para o proxecto de dixitalización da CRTVG
venres, 4 de xaneiro do 2008
A Compañía de Radio-Televisión de Galicia abre o
prazo para recibir solicitudes para a redacción, dirección, supervisión e
control de dixitalización da CRTVG e as súas sociedades que se aceptarán
ata o 18 de xaneiro no Rexistro do Servizo de Compras e Xestión Patrimonial da
CRTVG, estando os
pregos técnico e xurídico e outra documentación dispoñibles na web da Compañía.
O contrato terá unha vixencia de 2 anos e a consultoría contará cun
orzamento de 174.000 euros.