Ábrese a matrícula do primeiro curso deste cuadrimestre na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás (Pontevedra)

luns, 8 de outubro do 2012 Redacción

A Vicerreitoría do campus de Pontevedra abriu hoxe o prazo de inscrición para o primeiro curso do seu programa formativo na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás, co que pretenden mellorar o nivel de alfabetización dixital da cidadanía pontevedresa a través de seminarios prácticos e útiles sobre temas de actualidade. O curso que ten a súa inscrición aberta ata o vindeiro luns é o titulado JCLIC: Creación de Actividades Educativas, co que pretende ensinar a aproveitar a aplicación multiplataforma de software libre JCLIC, que achega un contorno multimedia para a creación de recursos educativos.
O mes que vén os cursos que acollerá o programa de formación tecnolóxica serán os de Deseño de páxinas web con recursos gratuítos, Introdución á programación creativa. Processing, e CSS. Maquetación e deseño web. Estes cursos teñen unha duración de 12 horas cada un en modalidade presencial, son de balde e teñen unha elevada demanda.

PUBLICIDADE