Ábrese a inscrición para o curso preparatorio para obter o CODIX

mércores, 2 de xuño do 2021 Redacción

A AMTEGA abre este xoves o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada o mércores 2 de xuño no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.
Para preinscribirse neste curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como persoas usuarias da rede CeMIT. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición, que se realiza pola Internet a través da web da rede CeMIT, é de cinco días hábiles partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves día 3 até o mércores día 9 de xuño, inclusive.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas para realizar a matriculación na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas. As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo confirmatorio coas instrucións para aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,63 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma (demandantes de emprego antes da publicación da convocatoria ou persoas con discapacidade >=33%)

PUBLICIDADE