Aberto o prazo para participar nos premios IGC

mércores, 7 de marzo do 2007

A Fundación Barcelona Dixital (a que organiza o Internet Global Congress, tamén coñecido como “IGC”, entre os días 16 e 19 de abril) vén de abrir a convocatoria para os Premios IGC. Cómpre suliñar que este concurso vai dixixido a recoñecer o traballo daqueles profesionais do eido da I+D na Sociedade da Información que máis teñan contribuído ó seu afianzamento na cidadanía e a potenciar as súas vantaxes. Os que estean interesados en optar a estes premios nas dúas modalidades que inclúe (premio á innovación dixital e ó seu uso social) deberán facelo antes do 20 de marzo, enviando un formulario á organización, dispoñible na web do congreso.

PUBLICIDADE