Aberto o prazo de presentación de candidaturas para os Premios FICOD 2010

venres, 3 de setembro do 2010 Raquel Noya

Ata o vindeiro 20 de outubro deste ano, as persoas interesadas en concorrer á cuarta edición dos Premios FICOD 2010, que recoñecen o bo facer na produción de contidos dixitais, poderán enviar as súas candidaturas para competir ata en cinco categorías, sempre e cando estean en concordancia coas liñas estratéxicas do Premio.
O xurado recoñecerá aquelas iniciativas que destaquen pola súa innovación, orixinalidade e esforzo investidor no mercado de contidos dixitais, e dará a coñecer os proxectos premiados durante o Foro Internacional de Contidos Dixitais, a celebrar os días 16, 17, 18 e 19 en Madrid.
As bases da convocatoria e os formularios para presentar as candidaturas ás diferentes categorías de premios (que son as que seguen, Premio ao modelo de negocio innovador - Start-up, Premio ao modelo de negocio innovador - Non Start-up, Premio ao mellor proxecto para a Inclusión dixital, Premio ao mellor proxecto de servizos ao cidadán e Premio ao mellor proxecto de internacionalización), pódense consultar na páxina de Red.es.

PUBLICIDADE