Aberto o 12º Concurso de Postais de Nadal do CPEIG para nenos e adolescentes de 3 a 18 anos
mércores, 29 de novembro do 2023
- FotografÃa da postal oficial do CPEIG en 2022
O
Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG)
convoca, por duodécimo ano consecutivo, o Concurso de Postais de
Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. O
certame divÃdese en dúas categorÃas: A, dirixida a rapaces de
entre 3 e 12 anos, e a B destinada á participación de rapaces de
entre 13 e 18 anos.
As
persoas participantes deberán ser familiares de persoas colexiadas.
O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio
que recibirá o gañador será unha tableta para a categorÃa A, e
uns auriculares sen fÃos para a categorÃa B. A xunta de goberno do
CPEIG elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a
felicitación oficial do Colexio para estas festas.
Segundo
as bases do certame, a técnica é libre e poderanse usar pinturas,
témperas, ceras, colaxe, etc. O formato pode ser vertical ou
horizontal. Os participantes poderán enviar as súas propostas ata
as 13.00 horas do dÃa 11 de decembro, remitÃndoas ao correo
electrónico informacion@cpeig.gal, cos datos do candidato e xuntando
a postal dixitalizada con calidade e en formato JPG ou PNG. O
fallo do xurado farase público na web do colexio o 14 de
decembro.