Aberto até o 9 de xaneiro o concurso de tiktokers do Concello de Lugo

xoves, 7 de xaneiro do 2021 Redacción

O Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, impulsou este Nadal un concurso para a mocidade arredor da rede social Tik Tok, ao abeiro das actividades de lecer seguras do programa #nadalnacasa. Segundo lembrou a concelleira Ana González Abelleira, o certame vén cunha serie de premios para as e os tiktokers que participen de xeito individual ou colectivo: vales de 20 a 60 euros para un xantar ou unha cea en calquera dos establecementos da restauración do concello de Lugo. A edil recordou que o prazo para tomar parte no concurso está aberto até este 9 de xaneiro.
Tamén indicou que todas as mozas e mozos de entre 14 e 35 anos que teñen interese en apuntarse ao certame só teñen que subir o seu Tik Tok a esa mesma plataforma, e tamén ás redes sociais Instagram ou Facebook baixo o cancelo #nadalnacasa, ata o 9 de xaneiro. Poden facelo de xeito individual ou colectivo, cun máximo de tres persoas por formación. As e os menores de 18 anos precisarán unha autorización do pai, nai, titor ou titora que poden solicitar a través do enderezo xuventude@lugo.gal ou nos teléfonos 982 297 496 ou 982 297 269.

PUBLICIDADE