Abertis Telecom proba en Barcelona a tecnoloxía DVB-SH

martes, 16 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O DVB-SH facilitaría a recepción de televisión durante as viaxes

No marco do Mobile World Congress, Abertis Telecom está a realizar demostracións de televisión en mobilidade con tecnoloxía DVB-SH (Digital Video Broadcasting Satellite Handheld) que combina o uso da rede terrestre e de satélite. Nas probas realizadas difúndese o sinal dende televisión dende a Torre de Collserola en Barcelona, apoiada polo satélite Eutelsat e varios transmisores instalados pola cidade e no recinto da Fira de Barcelona, o que permite a recepción do sinal televisivo dende vehículos.
As demostracións efectuadas por Abertis en colaboración coa Axencia Espacial Europea (ESA) e o Ministerio de Industria serven para comparar distintas tecnoloxías durante a feira de telefonía móbil de Barcelona, así coma o comportamento de varios tipos de aplicacións e servizos interactivos.

PUBLICIDADE