Abel Caballero entregou diplomas de capacitación tecnolóxica a 35 persoas

xoves, 22 de decembro do 2022 S. P.

O Auditorio Municipal de Vigo acolleu esta semana a entrega de diplomas do obradoiro local Habilidades dixitais, orientado como se indica no seu nome a capacitar á poboación do concello para facer fronte aos novos retos tecnolóxicos de formación, empregabilidade, emprendemento e comunicación. Na entrega de acreditacións participou o alcalde Abel Caballero. Participaron 35 persoas en risco de exclusión social.
O obxectivo foi “romper a fenda dixital para que ningunha persoa quede atrás no avance tecnolóxico”, sinalou o rexedor. As persoas participantes, en termos máis concretos, puideron ampliar os seus coñecementos no uso correcto e seguro de teléfonos intelixentes nas súas diferentes modalidades e funcionalidades, iniciándoas tamén nas xestións telemáticas coas administracións públicas (os trámites da Administración Electrónica que nos permiten comunicarnos e interactuar coas institucións públicas a distancia).

PUBLICIDADE