Abanca pon en marcha un novo espazo en liña de comunicación

mércores, 11 de novembro do 2015 Redacción

Abanca presentou esta semana unha web de seu adicada a dar conta das informacións xurdidas da entidade financeira. Trátase da súa nova sala de comunicación, dispoñíbel dende onte na páxina de Abanca con “toda a información xerada dende o nacemento do banco en 2014”. Neste sitio, sinala a entidade financeira galega, as novas son “as principais protagonistas” e están ordenadas cronoloxicamente e segundo a súa relevancia. Segundo informan fontes do banco, houbo un esforzo especia para acadar “que a navegación fose sinxela e intuitiva”, e para que o contido resultase relevante e ben artellado.
Ademais, engade Abanca, “puxemos o acento nos recursos audiovisuais cunha hemeroteca que aglutina vídeos, imaxes, audios e outros documentos”. Salientar tamén que a páxina faia gala dun deseño Mobile First que fai posíbel a navegación dende calquera dispositivo (computador, tableta ou dispositivo intelixente) con total comodidade, ao que cómpre engadir a incorporación de recursos en alta resolución e multiformato. Tamén se incorporou, entre outras cousas, un buscador para accedermos á información específica por datas, termos ou etiquetas. No que respecta á vertente 2.0, a nova páxina atesoura time line no perfil de seu en Twitter, @somosABANCA.

PUBLICIDADE