AXN chegará á TDT de pagamento substituíndo a SETenVEO

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

O ano pasado anunciárase a posible incorporación da canle televisiva AXN á oferta de TDT de pagamento que preparaba a fracasada plataforma Dahlia, pero que finalmente vai concretarse nunha realidade o vindeiro 1 de maio, distribuíndose conxuntamente con Gol TV, de xeito que os usuarios da canle deportiva recibirán AXN de balde ata o vindeiro 31 de agosto.
A nova canle Premium da TDT ocupará a frecuencia empregada actualmente por Sony Entertainment Televisión en Veo (SETenVEO), e conta con numerosas series de ficción coma CSI New York, Trauma, Castle, FlashForward e Navy: Investigación Criminal, estreando nos vindeiros meses outras coma Escudo Humano e El Filántropo.
Con lanzamento de AXN na TDT Premium, Mediapro avanza na súa estratexia de televisión de pagamento, que é de agardar que amplíen no futuro grazas ao novo reparto que farase dos múltiples ocupados ata o momento pola televisión analóxica, e que nos vindeiros meses empregaranse para ampliar a oferta actual televisiva.

PUBLICIDADE