AUO presenta unha pantalla flexible de papel electrónico de 6 polgadas
mércores, 21 de outubro do 2009
AU Optronics Corp. (AUO) anunciou
unha serie de aplicacións innovadoras na tecnoloxÃa de papel electrónico
coma un módulo de 20 polgadas (que serÃa o máis grande do mercado) e outro de 6
polgadas que destacarÃa por ser flexible.
A produción deste tipo de pantallas de papel electrónico flexible poderÃa
comezar en 2010, e podemos destacar que ofrece 16 niveis de gris e unha
relación de contraste de 9:1 (fronte o 7:1 de dispositivos coma o Kindle).
AUO tamén prepara unha pantalla de papel electrónico de 9 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 768 pÃxeles e un lector composto por dúas pantallas de 6
polgadas abatibles que pretende simular a experiencia de lectura dun libro
tradicional.