AT&T propón comercializar nos EE.UU. un DSL de 768 Kbps a 10 dólares/mes

venres, 20 de outubro do 2006

Cando en España os usuarios non paran de queixarse por padecer o ADSL mais lento e caro de Europa, en EE.UU. a operadora AT&T está a pedir autorización á Comisión Federal de Comunicacións (FCC) para lanzar unha conexión DSL a 10 dólares/mes como un aliciente para que lles permitan fusionarse con BellSouth.
A nova conexión de ADSL sería a máis agresiva do mercado, xa que actualmente hai promocións de 1 ano entre 12 e 15 dólares/mes, pero a nova oferta daría unha conexión de 768 Kbps por 10 dólares/mes que se tería que manter, como mínimo, durante 30 meses trala fusión corporativa pretendida.
AT&T tamén lanzará servizos de VoIP, pero dende España as comparacións do servizo de DSL resultan moito máis impresionantes, xa que estariamos a comparar unha conexión norteamericana a 768 Kbps por menos de 8 euoros/mes cos actuais 1.000 Kbps por 39 euros/mes que comercializa Telefónica en España.

PUBLICIDADE