ASIMELEC convoca a IV edición dos seus premios de xornalismo e sociedade da información

xoves, 8 de xullo do 2010 Raquel Noya

ASIMELEC, unha das moitas asociacións que temos en España para velar polo bo funcionamento e evolución das empresas de tecnoloxías da información, comunicacións e electrónica, vén de por en marcha a cuarta edición dos seus Premios Periodismo y Sociedad de la Información 2010, cos que recoñece e premia o labor de difusión de xornalistas e medios de comunicación españois sobre o sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Ao igual que en anteriores ocasións, esta asociación outorgará un total de seis premios: tres aos mellores traballos xornalísticos e outros tres premios honoríficos ó mellor labor de difusión das TIC. Nesta IV convocatoria poderán participar aqueles traballos xornalísticos que foran publicados ou emitidos en prensa escrita, audiovisual ou en liña aquí en España, entre o primeiro de setembro de 2009 e o un de setembro de 2010.
As persoas interesadas en concorrer aos premios, deberán enviar as súas reportaxes á dirección: premiosperiodismo@asimelec.es, optando a facerse con algunha das seguintes categorías:
-Premio ó mellor traballo xornalístico sobre a Sociedade da Información.
-Premio ó mellor traballo xornalístico sobre Seguridade das TIC.
-Premio ó mellor traballo xornalístico sobre Ofimática e Xestión Documental.
Así como cos devanditos tres premios honoríficos:
-Ó mellor labor de difusión da Sociedade da Información.
-Ó mellor labor de difusión sobre Medio Ambiente.
-Ó mellor labor de difusión sobre a I+D+i española.
Asemade, ASIMELEC distinguirá con outro galardón ao mellor blog profesional sobre o sector TIC, recoñecendo así, segundo afirman, “a importancia que esta nova ferramenta de comunicación adquiriu nos últimos anos”.
Na pasada edición, o premio á mellor difusión sobre Seguridade das TIC foille outorgado a Elena Arrieta, redactora de Expansión, mentres que o premio Ofimática e Xestión Documental recaeu na redactora de Computing, Dolores Sánchez-Manjavacas.
O premio Sociedade da Información foille concedido aos xornalistas mar Jiménez e Santiago Millán, de Cinco días, e os galardóns honoríficos foron repartidos entre redactores e redactoras de Computing, La Razón e La 2 de TVE polos seus espazos Fabrica de ideas, Cámara abierta e La2 Noticias.
Pola súa banda, Trecebits.com de Manuel Moreno inaugurou el premio ao Mellor Blog Profesional, e a revista Telos da Fundación Telefónica recibiu unha mención especial polos seus 25 años traballando en prol das TIC.

PUBLICIDADE