APETEGA organiza no IES de Brión as XVIII Xornadas de Tecnoloxía

venres, 22 de abril do 2022 S. P.

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) vai organizar nesta recta final de abril a nova edición duns encontros maker que buscan empoderar á mocidade e ao profesorado no deseño e desenvolvemento de novas ferramentas e dispositivos con obxectivos concretos. Estamos a falar das XVIII Xornadas de Tecnoloxía, que terán lugar o 29 e 30 de abril no IES de Brión.
Haberá obradoiros centrados en ámbitos variados e creativos: drons, modelado e animación 3D, materiais téxtiles con electrónica ou control e programación O obxectivo destas xornadas de APETEGA é “permitir unha aproximación aos contidos de Tecnoloxía no novo currículo dende unha perspectiva de aplicación ás aulas”.
A inscrición realízase a través do formulario aloxado na páxina web da APETEGA até o 27 de abril.
APETEGA é a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que se adica a promover e divulgar o ensino da área de Tecnoloxía no sistema educativo e a programar actividades de formación, divulgación, etc. Realiza anualmente diversas actividades (xornadas monográficas, xornadas de tecnoloxía, cursos online na aula virtual, visitas didácticas, etc) e ofrece contidos formativos a través da súa aula web.

PUBLICIDADE