AMD crea unha certificación para ordenadores para xogar
luns, 19 de maio do 2008
Para facilitar a vida dos afeccionados aos
videoxogos para PC o fabricante AMD lanzou unha certificación que permita
identificar ordenadores segundo a súa potencia para correr videoxogos, e que e
coñece coma AMD Game!.
Deste xeito, AMD encargarÃase das probas dos xogos, para que os usuarios poidan
coñecer se funcionarán satisfactoriamente nos seus equipos certificados sen ter que arriscarse durante a compra, o que suporÃa
unha garantÃa semellante á compra de xogos para consolas de videoxogos.
Os primeiros equipos en incluÃr o selo AMD
Game! Serán de Acer, Alienware, iBuypower e Velocity Micro, e contarán coa
apoio de Microsoft e Logitech, aÃnda que nun primeiro momento se limitarán a
ordenadores de sobremesa (no futuro poderÃan incluÃr portátiles).
A certificación básica AMD Game! pretende
identificar equipos capaces de funcionar a 1.280 x 1.024 pÃxeles a 30
fotogramas por segundo, mentres que unha certificación avanzada, AMD Game! Ultra, achegarÃa unhas
capacidades bastante superiores, permitindo que funcione a 1.600 x 1.200
pÃxeles a 30 fotogramas por segundo. Estes equipos corresponderÃan na versión
básica a, como mÃnimo, un procesador AMD Athlon 5600+ X2 cunha tarxeta gráfica
Radeon HD 3650 e un chipset AMD 770 ou nVIDIA nForce 500; mentres que os equipos avanzados deberán
contar coma mÃnimo cun procesador Phenom X4 9650 cunha tarxeta Radeon HD 3870 e
un chipset AMD 770.
Está claro que estes últimos equipos teñen potencia dabondo para permitir o
funcionamento de calquera xogo do mercado, e mesmo superarÃan en prestacións a
moitas das consolas de videoxogos, pero tamén supoñen unha garantÃa para os
usuarios que merquen un ordenador para xogar, pois aÃnda que só o 60% dos
usuarios de equipos informáticos admiten que xogan con eles, o certo é que o
80% se empregan para tal fin nalgunha ocasión.