SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

AGNIX celebra este sábado a nova edición do seu Hacking-Cocido

mércores 30 de novembro do 2011, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 194.2 KB
Unha mostra do que lles agarda aos integrantes de AGNIX, vista na web de TEGNIX

A asociación galega AGNIX, que centra unha boa parte da súa actividade na loita a prol da programación libre e o seu espallamento na nosa terra a tódolos niveis, anuncia estes días que está a ultimar xa os detalles da súa nova edición do encontro Hacking-Cocido, un tipo de xuntanza que, tal e como se indica no seu nome, trata de coller dous mundos non tan afastados como se pensa, o da programación independente e o da gastronomía autóctona, e mesturalos para sacar o mellor de cada cousa. Así, o formato de cita fala ás claras do que nos imos atopar: nada de formalidades e moito de fraternidade arredor dun concepto libre do coñecemento.
O encontro, cóntanos a asociación, será en Casa Amancio (Lavacolla, Compostela) o sábado 3 de decembro de 2011. “Como sempre”, sinalan os integrantes do colectivo, “aproveitarase a xuntanza para falar temas da asociación, especialmente desta volta un dos temas a tratar na reunión será a sucesión no posto de presidente”. Con este motivo, trátase dunha convocatoria gastronómico-informática de gran relevancia, xa que servirá para que os socios interesados en presentar as candidaturas para a dirección de AGNIX as amosen perante os demais. “Será un día de traballo, lecer e paparotada, un día para reunirse con amigos, para compartir inquedanzas, anécdotas e experiencias”, engaden.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS