AGESTIC presenta en Madrid os seus proxectos de certificación de calidade

martes, 12 de abril do 2011 Fernando Sarasketa

A Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, presenta este mércores 13 de abril en Madrid os seus proxectos sobre certificación nas normas de calidade empresarial ISO/IEC 20000, ISO/IEC 27001 e ISO/IEC 15504. A cita dará comezo ás 10.00 horas, no salón de actos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, no 41 da rúa Capitán Haya.
O ente galego acode á presentación co obxectivo de amosarlles ás empresas locais do sector das novas tecnoloxías da información como as normas devanditas poden axudalas no día a día da súa xestión, facendo que os departamentos directamente ligados á informática se convirtan na súa columna vertebral.
A xornada, que é de balde, desenvolverase co seguinte programa de actividades:

· 10.00 h. Acreditacións e entrega de documentación
· 10.30 h. Inauguración da xornada, con Martín Pérez Sánchez, Vicepresidente de AMETIC
· 11.00 h. Experiencias de proxectos de certificación para empresas TIC co Plan
Avanza por José María López Bourio, presidente de AGESTIC
· 11.30 h. Descanso Café
· 12.00 h. ISO 27001, ISO 20000 e ISO 15504, tres certificacións imprescindibles no sector TIC, por Ana Andrés, directora técnica de Start Up
· 12.30 h. Business Assurance no sector IT, por Ángel Modino, xefe de vendas TI de Lloyd´s Register Quality Assurance (LRQA)
· 13.00 h. Beneficios adquiridos dos sistemas de xestion IT, por José Antonio Tocino Cabañas, xerente de Desenvolvemento de Negocio Servizos Cloud de Ibermática
· 13.30 h. Clausura

PUBLICIDADE