AGASOL e ASOLIF convocan unha xornada informativa sobre Finodex
mércores, 14 de outubro do 2015
O
vindeiro 29 de outubro celebrarase no Centro de Novas TecnoloxÃas de
Galicia (CNTG de Santiago) unha nova xornada informativa sobre o
Proxecto Finodex, cuxo programa
xa se atopa dispoñibel para consulta na Rede. A xornada deste 29
complementa e amplÃa o
amosado por estas mesmas datas no mesmo emprazamento, cita na que
se nos puxo en materia sobre en que consiste Finodex:
un acelerador de iniciativas destinadas a promover aplicacións
innovadoras abeiradas á plataforma FI-WARE. O proxecto, que vén da
man da Unión Europea, compleméntase cunha folla de ruta que, a
través de distintas fases, destina fondos (4,64
millóns de euros) para aquelas empresas que queiran
participar. A
cita deste 29 de outubro, impulsada pola asociación galega AGASOL,
dirÃxese a amosar ás empresas interesadas o que teñen que facer
para participar no proxecto. Xa
está aberto o prazo de inscrición en liña.
Amais
de AGASOL, no encontro tamén participa arreo a asociación ASOLIF.
O evento, polo tanto, servirá
de presentación para a primeira convocatoria Finodex que abriu de
xeito oficial o 7 de outubro de 2014 e que ten como obxectivo a
xestión dun fondo de 4,64 millóns de euros destinados ao apoio de
PEME e persoas emprendedoras con ideas de proxectos relacionados con
aplicacións, produtos e servizos de datos abertos. DirÃxese o
encontro a empresas e persoas emprendedoras con ideas de proxectos de
datos abertos.