AGAPI relanza a súa canle de Youtube con novos contidos

venres, 14 de outubro do 2022 S. P.

A asociación AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) reforzou a súa presencia en Youtube cunha canle de seu adicada a contidos audiovisuais. O sitio AGAPI_COMUNICA pon a disposición dos usuarios un total 20 xornadas formativas agrupadas en listaxes temáticas sobre Financiamento e xestión de proxectos no audiovisual, Coprodución e mercado internacional, Audiovisual e educación e Dereitos dos proxectos audiovisuais. Todas estas formacións leváronse adiante nos últimos meses impulsadas pola asociación en formato en liña.
Esta posta a disposición pública e gratuíta das conferencias e xornadas celebradas por AGAPI ten< como obxectivo “aumentar a accesibilidade e contribuír na divulgación do coñecemento por parte de profesionais de recoñecido prestixio”, en palabras da entidade audiovisual galega, que engade que a folla de ruta pasa por seguir ampliando este repositorio con novos materiais que “permitan a actualización de contidos tan necesaria nun sector tan vivo como é o audiovisual”.

PUBLICIDADE