AGAL lanza unha wiki-faq para resolver dúbidas sobre o reintegracionismo

xoves, 3 de febreiro do 2011 Fernando Sarasketa

Esta semana, a Associaçom Galega da Língua habilitou na Rede un interesante recurso para todos aqueles internautas que queiran afondar nas estreitas ligazóns que nos unen a Portugal, neste caso dende o punto de vista lingüístico (para AGAL e outras plataformas culturais galegas, a nosa lingua e a portuguesa é a mesma lingua).
O recurso en cuestión é unha Wiki-Faq do reintegracionismo (recuperación e posta en valor da raizame galego-portuguesa) que foi desenvolvida por un equipo dirixido por Ramom Flores.
Entre outras cousas, a ferramenta ten a principal función de resolvernos as dúbidas que teñamos a respecto da dita irmandade cultural e idiomática, facendo escolma dun bo número de preguntas sobre o reintegracionismo xurdidas directamente da sociedade galega, amais de facilitar “a compreensom sobre esta estratégia para a nossa língua”, sinala AGAL.

PUBLICIDADE