AGADIC destinará medio millón de euros a proxectos audiovisuais en galego
martes, 20 de abril do 2010
A Axencia Galega das
Industrias Culturais (AGADIC) da ConsellerÃa de Cultura e Turismo vén
de facer pública a súa convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de
proxectos audiovisuais en lingua galega, cunha dotación total de 500.000
euros que será distribuÃda ao 50 por cento entre as anualidades 2010 e 2011.
Poderán optar a esta
liña de axudas, aquelas produtoras audiovisuais independentes, con sucursal ou
oficina permanente en Galicia, que presenten proxectos de traballo previo cara
á futura realización de longametraxes de ficción (imaxe real ou animación) ou
documentais, pelÃculas para televisión, formatos televisivos innovadores ou
pilotos de series de animación para televisión. Deste xeito, a AGADIC busca
fomentar unha das fases esenciais na produción dunha obra audiovisual, durante
a que se leva a cabo a selección da historia e a posta a punto do guión e do
orzamento, entre outras tarefas.
Segundo as bases
publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), enténdese por
desenvolvemento de proxectos ao «conxunto
de operacións previas aos proceso de preprodución dunha obra audiovisual»: adquisición
de dereitos, traballo de investigación, escrita e análise do guión, selección
do equipo artÃstico e técnico, preparación do orzamento estimado, procura de
socios, planificación da produción, plano inicial de márketing, etc. O prazo de
presentación de solicitudes estenderase dende mañá ata o vindeiro 20 de maio,
inclusive.
Con esta son catro as
convocatorias publicadas ata o momento no marco do programa anual de axudas ao
sector audiovisual da ConsellerÃa de Cultura: xunto coas de desenvolvemento de
proxectos audiovisuais, figuran tamén as subvencións á produción de
curtametraxes e de videoclips, ao desenvolvemento e produción de contidos
interactivos en lingua galega e á amortización dos custos de produción de
longametraxes cinematográficas. Proximamente verán a luz, asemade, as
convocatorias para produción ou coprodución de longametraxes en lingua galega e
para a creación audiovisual (escrita individual de guións e a realización de
curtametraxes e longametraxes en soporte dixital).
