AGADIC comeza a publicar as relacións de adxudicatarios de axudas ao audiovisual
martes, 10 de agosto do 2010
A Axencia Galega das
Industrias Culturais (AGADIC) fixo públicas hoxe as primeiras
relacións de adxudicatarios e contÃas outorgadas no marco do seu programa de
subvencións ao sector audiovisual 2010, a través do que a entidade da
ConsellerÃa de Cultura e Turismo destina un total de 300.000 euros en axudas a
33 novos creadores co obxectivo de promover o talento audiovisual galego, asÃ
como outros 180.000 euros á produción de 17 curtametraxes e videoclips.
A
AGADIC dará a coñecer nos vindeiros dÃas os beneficiarios do resto das liñas de
apoio a este sector, ao que este ano destina un orzamento global de
7.060.000 euros: produción e coproducións de longametraxes, desenvolvemento de
proxectos audiovisuais e desenvolvemento e produción de contidos interactivos;
mentres que na categorÃa de axudas de concesión automática para a amortización
dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais,
o prazo de solicitude continúa aberto ata o 15 de setembro.
Canto ás subvencións ao
talento audiovisual, a contÃa total outorgada distribúese en catro modalidades
de proxectos a través das que se busca favorecer tanto a emerxencia de novos
creadores como aquelas propostas enmarcadas nas novas estéticas narrativas ou
experimentais. AsÃ, 63.000 euros dirÃxense a financiar a escrita de nove guións
para longametraxes de ficción, documentais e pelÃculas para televisión; 43.000 euros,
a oito curtametraxes en soporte dixital de ficción, animación e documentais
gravados en versión orixinal galega; 121.000 euros, a outras tantas
longametraxes en soporte dixital e de baixo orzamento que, polas súas especiais
caracterÃsticas creativas, foron consideradas de difÃcil financiamento; e os
73.000 euros restantes, a oito curtametraxes experimentais.
Neste último caso,
tivéronse en conta propostas que apostan por unha ruptura dos códigos
narrativos convencionais, ben polas especiais caracterÃsticas do seu proceso de
rodaxe ben polas temáticas que abordan.
Ademais, un total de 17
produtoras independentes galegas recibirán o apoio económico da Agadic para
levar a cabo outras tantas producións audiovisuais de metraxe reducida, das que
11 son curtametraxes en versión orixinal galega e seis, videoclips.
Do orzamento de 180.000
euros reservado para esta convocatoria, 29.297 euros corresponden á produción
de dúas curtametraxes de imaxe real en soporte cinematográfico; 80.861, a catro
curtas de animación para cine; 40.673 euros, a cinco curtametraxes innovadoras
en soporte dixital e 29.169 euros, a 6 videoclips.