ADNStream.tv amosa vídeos da Rede ó máis puro estilo de Joost

luns, 4 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A proliferación do vídeo na Internet leva a moitas empresas a procurar aproveitar estes sistemas para crear canles de televisión en liña mediante listaxes de reprodución que se converten nun sistema de televisión á carta. Con este espírito nace ADNStream.tv, que amosa unha interface semellante a Joost, pero que funciona dentro do noso navegador de Internet, converténdose nun sistema de visualización de vídeos xerados polos usuarios que segundo os seus responsables apostará pola calidade e mesmo apostarán polo seu uso coma canle para a difusión de videoblogs.
Con ADNStream.tv teriamos así unha solución coma Joost, pero que non precisaría software especial para o seu funcionamento nin se sostería nunha plataforma P2P, senón que aproveitaría sistemas coma YouTube para o seu funcionamento como xa facían servizos semellantes coma Neave.tv.

PUBLICIDADE