A Xunta mobilizará 67 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e a Industria 4.0
xoves, 9 de xaneiro do 2020
Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, o presidente Alberto
Núñez Feijóo destacou a activación nas vindeiras semanas de dez programas que,
cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación
dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego matizando que
«son tanto para empresas como para centros tecnolóxicos de Galicia».
Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez,
Feijóo destacou o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de
euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e
outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os
apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán
cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022, co obxectivo de xerar, entre
outras infraestruturas, centros de ensamblaxe, loxÃstica e recursos tecnolóxicos,
espazos maker de fabricación compartida ou o acondicionamento
especializado de solo industrial.
Asà mesmo, e de xeito paralelo, o presidente da Xunta
aseverou que a Xunta continuará co desenvolvemento de dous hubs de
innovación dixital, que funcionarán como un catálogo de servizos no que
conflúen todos os recursos relacionados coas tecnoloxÃas asociadas á
transformación dixital que se ofertan ao tecido empresarial. Para iso,
destinaranse 7 millóns de euros neste 2020, co fin de apoiar as iniciativas:
Fábricas do futuro, liderada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia
e centrada na Internet das cousas e a intelixencia artificial; e Datalife,
liderada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e que pon o
foco no manexo de grandes cantidades de información (big data).
Por outra banda, e entre os programas xa existentes, Feijóo
destacou a posta en marcha da cuarta convocatoria dos Proxectos Industria 4.0,
cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, para impulsar iniciativas que
permitan seguir avanzando no desenvolvemento da fábrica intelixente e conectada
en sectores estratéxicos da economÃa.
E, co obxectivo de que as empresas conten co asesoramento
axeitado á hora de desenvolver os seus proxectos de mellora, poñerase en marcha
tamén unha nova edición do programa ReAcciona. Unha iniciativa que, dotada con
3,4 millóns de euros, ofrecerá servizos centrados en eidos como o
desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a innovación e a adopción de
solucións de dixitalización.
No que atinxe ao mantemento e creación de emprego as PEME
galegas que desenvolvan proxectos de investimento neste eido contarán cun
programa de apoios do IGAPE dotado con 9 millóns de euros e cuxa axuda poderá
chegar ata o 30% dos investimentos subvencionables.
Outras das iniciativas que se activarán nas próximas semanas
será unha nova edición do programa Innova PEME, a través do cal se levan a cabo
actividades integradas en plans de innovación a desenvolver polas pequenas e
medianas empresas, cun investimento neste caso de 2,7 millóns de euros, con
axudas de entre 40.000 e 100.000 euros.
Para impulsar a innovación empresarial poranse en marcha
dúas novas convocatorias: para consolidar as Unidades Mixtas de Investigación
xa existentes (2 millóns de euros); e, para impulsar a creación de novos
proxectos deste tipo (3 millóns de euros). Ademais da activación dunha nova
edición das axudas para equipamentos de centros tecnolóxicos e de apoio ao
coñecemento, dotada con 5 millóns de euros.
Por último, a industria forestal contará un ano máis con
programas especÃficos, por valor de 12,4 millóns de euros. AsÃ, poñerase en
marcha unha orde de axudas dotada con 10,4 millóns de euros, para realizar
investimentos en tecnoloxÃas forestais, procesado, mobilización e
comercialización de produtos forestais; e activarase un programa por 2 millóns
de euros, destinado ás empresas da segunda transformación da madeira e o sector
contract.
O presidente concluÃu resumindo que «en definitiva, impulsamos desde o comezo do ano
unha Galicia máis innovadora e unha Galicia que terá máis emprego; e un Galicia
máis innovadora e con máis emprego é unha Galicia que terá máis emprego de
calidade. E como veñen curvas no ámbito económico, queremos desde o primeiro
instante poñer os recursos dos Orzamentos de 2020 a disposición do tecido
económico e empresarial de Galicia».