A xira de Movistar para informar das vantaxes da fibra en 15 concellos, chega este sábado a Dodro
venres, 19 de xullo do 2019
- Fachada do Consistorio de Dodro nunha imaxe da Galipedia
A
xira
de Movistar (Roadshow Movistar), destinada a informar as vantaxes e
posibilidades das redes ultrarrápidas de Telefónica, vai percorrer
entre xullo e agosto 15 concellos da nosa terra: 15 municipios
beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e o
seu despregue de fibra até o fogar (FTTH), ámbito no que Telefónica
resultou adxudicataria. O itinerario, no que tamén participa o
Goberno galego (a través de AMTEGA), chega este sábado a Dodro (A
Coruña).
Así,
de 10:30 h. a 14:30 h. e de 16:30 h. a 20:00 h, persoal especializado
da compañía estará na praza do Concello para explicar os
beneficios das redes ultrarrápidas de Telefónica, que destacan, en
palabras da operadora, pola “súa alta capacidade e calidade de
transmisión (o sinal é inmune ás interferencias externas e ás
inclemencias meteorolóxicas), e por ofrecer a posibilidade de
conectar varios dispositivos á vez coas mellores condicións de
velocidade e calidade, gozar de contidos audiovisuais en alta
definición ou videoxogos de última xeración”.
Segundo
engade a compañía, “a diferenza doutras tecnoloxías semellantes,
a fibra de Telefónica chega até o propio fogar, é dicir, non
utiliza cobre ou coaxial no último treito e, por tanto, non perde
velocidade porque non é compartida con ningún outro cliente”.
Amais, “conta cun largo de banda ilimitado e simetría na baixada e
subida de datos”, amais de ser adaptábel a diferentes evolucións
e necesidades (escalabilidade) e contar con capacidade para aumentar
no futuro os Mbps actuais de forma ilimitada, explica a maiores
Telefónica.
A
iniciativa é unha de actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta,
adxudicada a Telefónica en marzo do ano pasado, e que facilitará o
acceso a redes de máis de 100 Mbps a través de fibra óptica a
74.000 veciños de 181 concellos do catro provincias galegas. Estes
despregues contarán cun investimento público de 14,2 millóns de
euros, co-financiados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (FEADER).
Grazas
a esta medida, e ás contempladas no marco do Programa Nacional de
Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Estado, en 2020
máis de 513.000 galegos terán acceso a redes as ultrarrápidas de
Telefónica, o que supón que, en ano e medio, o 80% da poboación de
Galicia terá acceso a redes de máis de 30Mbps, “unha porcentaxe
que se incrementará coas novas convocatorias estatais previstas”,
explica a operadora, engadindo que a xira Roadshow de Movistar
e a Xunta visitará durante os meses de xullo e agosto un total de 15
concellos: Riotorto, Culleredo, Pobra do Caramiñal, Dodro, Rianxo,
San Cibrao das Viñas, Ponteceso, Vimianzo, Padrón, Barro, Esgos,
Xunqueira de Espadañedo, Sarreaus e Fisterra. Estes municipios teñen
en común que xa contan con cobertura de FTTH grazas aos plans da
Xunta e do Estado. O obxectivo desta campaña é informar á
poboación que xa pode dispor deste servizo.
Os
veciños galegos interesados en coñecer se o seu municipio entra
dentro destes plans, poden realizar as súas consultas a través do
teléfono 1004 ou da páxina web de
Movistar.