A web tuotrosuper.com, deseñada por Elogia, acada os 30 mil rexistros en tres meses

mércores, 5 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

Elogia, empresa con notábel presenza galega nas súas fileiras, vén de informar dun novo logro na súa estratexia de busca de novos xeitos de promover nas canles dixitais a actividade (servizos, produtos, eventos) dos seus clientes. Estamos a falar das accións levadas a cabo para dar conta das vantaxes de Tu Otro Super, supermercado en liña que comezou a súa andaina este verán, no mes de xullo, e que en só tres meses conseguiu situar á súa tenda-web como unha das grandes alternativas que existen arestora en relación ás grandes superficies tradicionais. Máis en detalle, a estratexia en liña deste establecemento xa logrou os 30 mil rexistros ao longo do dito período, amais dunha chea de pedidos diarios.
Este labor, levado a cabo coa colaboración de Elogia, supera, con moito, os obxectivos que a marca se propuxera no lanzamento, informa. A tenda, que tamén debe o seu éxito aos descontos habilitados na súa páxina, céntrase sobre todo en achegar produtos de alimentación, limpeza, hixiene persoal, coidado de bebés, etc.
O labor de Elogia centrouse principalmente en dúas cousas: no desenvolvemento e deseño da páxina tuotrosuper.com e máis nunha estreita colaboración co cliente no vieiro de acadar o máximo aproveitamento da experiencia mutua e, tamén, das amplas posibilidades das novas canles da información.

PUBLICIDADE