A web do Ministerio de Industria conta cun novo deseño máis accesible e actual

xoves, 12 de febreiro do 2009 Raquel Noya

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ven de lanzar hoxe unha nova versión da súa páxina web, mityc.es, coa principal intención de facilitarlle o seu uso e navegación aos cidadáns que se conecten.
Este novo portal ten como obxectivos primoridais, a adaptación aos criterios de accesibilidade para as webs da Administración Xeral do Estado así como a mellora da organización de tódolos seus contidos.
Asemade, a renovada ferramenta da entidade pública conta agora con contidos multimedia, aos cales se pode acceder dende a ligazón Canal MITYC que, entre outras cousas, contén vídeos realizados sobre as actividades que desenovolve o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Grazas ás modificacións realizadas, o portal tamén posibilita, dende agora, achegar novas vías de comunicación directas coa Administración mediante as que se poden facer chegar ao Ministerio comentarios e opinións persoais; a intención desta aplicación é fomentar a transparencia e a participación cidadá para coas autoridades.
Os responsables da web aseguran que este cambio servirá para “ofrecer a información máis demandada de forma máis axil e eficaz”, polo que incluso se introduciron melloras na versión de acceso dende o teléfono móbil.

PUBLICIDADE