A web de Animanaturalis anima ós internautas a mobilizarse en contra da matanza de focas

venres, 9 de marzo do 2007

A comunidade ecoloxista mundial semella cada vez máis convencida da necesidade de divulgar campañas, informar e concienciar a través da Rede. Hoxe en día (de feito) case nin se concibe unha iniciativa a prol da conservación do medio que non vaia deseñada para pasar a través de Internet, na procura do lector final. Un exemplo disto é a campaña posta en marcha (un ano máis, por estas mesmas datas) na Web por Animanaturalis, co fin de recadar os maiores apoios na loita contra a matanza de focas que se vai levar a cabo (se nada o impide) en Canadá e co consentimento das autoridades do país. Na páxina do colectivo, que informa que xa son 4 millóns os animais masacrados nos últimos catro anos nestas prácticas, ofrécense vídeos de denuncia e as datas e lugares das mobilizacións perante as oficinas diplomática de Canadá que se están a organizar.

PUBLICIDADE