A voz de Bruce Willis visitará o programa Banda Ancha esta fin de semana

venres, 26 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O programa Banda Ancha da Radio Galega, tras recibir un Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que esta sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar con José María López Bourio, presidente de AGESTIC, sobre os proxectos e iniciativas que foron recoñecidas polos premios que entregou a súa Asociación este venres no CNTG en Santiago de Compostela.
O programa desta semana completarase cunha entrevista co comunicador Carlos Reboreda, célebre para moitos por ser un dos actores de dobraxe que máis veces puxo voz a Bruce Willis nas versións en galego das súas películas, e que compartirá coa audiencia da Radio Galega os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como a súa actual relación cos trebellos electrónicos.

Carlos Reboreda compartirá os seus primeiros contactos coa tecnoloxía na Radio Galega

PUBLICIDADE