A vindeira keynote de Apple podería celebrarse nun par de semanas

venres, 3 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Seguindo a tónica habitual, tras a renovación dos iPhone toca a renovación dos iPad e doutros produtos de Apple que levan un certo retraso na súa actualización de hardware, polo que rumoreábase que o vindeiro 21 de outubro tería lugar unha nova keynote de Apple, ao que dende Recode responden asegurando que o vindeiro evento especial de Apple será o xoves 16, estando previsto que se aproveite o evento para anunciar unha nova liña de iPad e unha importante renovación dos iMac, aproveitándose tamén o evento para o lanzamento de OS X Yosemite.
Sobre o iPad o máis probable parece ser que se presente unha revisión do tablet de Apple integrando Touch ID e NFC, sendo posible que incluso se avance na potencia do dispositivo incrementando a súa RAM, posiblemente para unha futura renovación que facilite a execución de varias aplicacións en pantalla, pensando principalmente no rumoreado iPad de 12,9 polgadas, do que aínda non está claro se teremos novas este mes ou teremos que agardar ao ano que vén, tal e como apuntaban os últimos rumores.
No que se refire aos iMac, o cambio sería moi importante, xa que espérase que sigan o camiño dos MacBook Pro integrando pantallas Retina, elemento dos que deixou certos rastros a versión de proba de OS X Yosemite, na que aparecen referencias a resolucións de 6.400 x 3.600, 5.760 x 3.240 e 4.096 x 2.304 píxeles, e que poderían apuntar a un importante salto nos iMac que tamén debería vir acompañada de máis potencia, para que os novos equipos poda traballar con contidos multimedia de maior resolución (espérase que iMovie e Final Cut Pro tamén presenten grandes melloras para traballar con vídeo en 4K).
Non se espera así que a nova keynote de Apple sexa moi sorprendente, pero será interesante ver a evolución dos equipos que poderían superar amplamente a demanda do mercado de consumo, reforzando o rol dos ordenadores de Apple no sector profesional (especialmente no mundo da artes gráficas e a edición de vídeo).

PUBLICIDADE