A vila asturiana de Sietes podería acoller un spot de Windows 7

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Moitos veciños de Sietes acudiron ao casting na Casa do Hórreo

Esta tarde a vila de Sietes en Villaviciosa foi o lugar elixido para a celebración dun casting entre os veciños para a gravación dun anuncio televisivo do sistema operativo Windows 7, para o que buscarían a 40 persoas de Sietes, de Pedrafita e de San Martín de Valles.
Microsoft non precisa de coñecementos de informática entre os seleccionados e, de feito, prefiren que non os teñan, xa que daralles un curso de Informática de balde.
Moitos foron os veciños que pasaron pola Casa do Hórreo, para que a xente encargada da campaña do vindeiro sistema operativo de Microsoft botase un ollo aos candidatos, que non dixeron nin chío do que alí pasou, polo que teremos que agardar unhas semanas para ver o que dá de si esta iniciativa, que podería servir para dar a coñecer a vila asturiana que ten un nome semellante ao do novo Windows.

PUBLICIDADE