A veciñanza do Porriño poderá formarse este verán en edición de textos, uso do GIMP e eAdministración
mércores, 28 de xullo do 2021
O
Concello
de Porriño informou de que xa están abertos os prazos de inscrición
para dous cursos que se van impartir nas instalacións da feira
Porremprego” no Multiusos de Torneiros. Os cursos serán
presenciais, en grupos cun mínimo de 5 persoas, e impartiranse en
colaboración coa aula CeMIT local. Un dos cursos, o obradoiro
Fagamos un conto!, porá foco na rapazada de idades
comprendidas entre os 8 e 12 anos, e consistirá en familiarizar aos
participantes co uso do procesador de textos e a ferramenta GIMP
(programa de edición de imaxes) para confeccionar un relato
individual. Aprenderáselles aos asistentes os conceptos básicos
destes programas. Establécense catro quendas dunha semana, con
inicios os días 2, 9, 16 e 23 de agosto.
O
segundo dos cursos é unha actividade formativa sobre trámites
electrónicos e Administración Electrónica. Introducirase aos
presentes nestes conceptos e aprenderáselles a obter e manexar o
certificado dixital e a clave PIN, amais dos principais servizos
dixitais que ofrecen as administracións públicas. Tamén se lles
mostrar como levar a cabo os diferentes trámites.
Inscricións
en cemit.oporrino@xunta.gal.