A última tecnoloxía en aplicacións web na facultade de informática da UDC

xoves, 24 de abril do 2008 Raquel Noya

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña vai acoller, na tarde de hoxe un seminario de introdución o framework de desenvolvemento Web Ruby on Rails, que terá lugar a partires da 16:00 horas na aula 3.4 do centro.
Neste acto intervirán os membros da empresa Trabe Solucións, Asís García e David Barral, organizadores do evento, así como Fernando Bellas, profesor da Facultade de Informática da Coruña.
O seminario está dirixido a alumnos e mestres que, por recomendación dos organizadores, “teñan nocións de desenvolvemento de aplicacións web” xa que nel explicarase a linguaxe Ruby e farase unha introducción ó framework Ruby on Rails, tecnoloxía recente no mundo da informática empregada para crear aplicacións web.
Esta plataforma de desenvolvemento web é de código aberto e está optimizada para satisfacer aos programadores e á produtividade, xa que permite escribir un “bo código” favorecendo a convención antes cá configuración.

PUBLICIDADE