A terceira parte os usuarios españois dun smartphone utilízao para ler novas

luns, 26 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Un estudo publicado pola consultora comScore a través do seu servizo MobiLens que analizou o consumo móbil de novas durante o pasado mes de xaneiro nos principais países europeos (Alemaña, Francia, Reino Unido Italia e España) amosou que a audiencia español de novas dende smartphones foi a que mais medrou entre novembro e xaneiro, cunha taxa do 127% e cunha penetración actual do 32,2%. A media de crecemento nos países analizados sería do 74%, aínda que acadando unha taxa de penetración (36,9%) superior á española.
Esta tendencia resulta evidente, e en casos como o británico temos que o 46,8% dos usuarios de smartphones accede a novas todos os meses, polo que o valor de poder informarse sobre a actualidade ao instante gaña enteiros e está a desprazar ao consumo de información dende ordenadores persoais, aínda que pouco a pouco tamén vai tendo que competir con outro dispositivo emerxente moi relevante: o tablet.

PUBLICIDADE