A televisión catalá estreará a vindeira fin de semana unha tv-movie de co-produción galega
martes, 31 de xullo do 2007
O vindeiro sábado día 4 de agosto ás 21:45 horas os
espectadores cataláns poderán ver por primeira vez na pequena pantalla a película
feita para televisión ECOS,
dirixida por Oriol Paulo e producida por Continental,
Oberón Cinematográfica, TVG e TVC.
|
O filme parte dun guión de Curro Royo e Juan Vicente Pozuelo, e narra unha
historia de misterio que comeza cunha muller, Alba, que perde á súa filla, co
dano psicolóxico que iso supón (ó que habería que sumar unha perda temporal do
oído, que a illa do mundo). Alba vai recuperando a audición pouco a pouco,
comezando por escoitar voces de conversas mantidas por defuntos, entre as que
destaca a dunha nena...
A película está protagonizada por Nuria Prims e conta coa presenza dos galegos
Carlos Blanco e Chete Lera. A produción executiva correu a cargo de Xavier
Villaverde e Angels Masclans.
A produción desta película de inquietante estética está encadrada dentro do
proxecto de películas de misterio e terror A
Sombra do Misterio que está a realizar a produtora galega Continental e que
continuará nos vindeiros meses coa rodaxe de O Espello (dirixida polo galego Álex Sampayo).