A telefonía lidera as reclamacións dos consumidores de Vilagarcía

martes, 16 de abril do 2019 Redacción

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Vilagarcía presentou estes días o seu balance de actividade relativo a 2018, un informe no que destaca un dato concreto que reflicte até que punto as novas tecnoloxías están afianzadas e estendidas nas nosas vidas, tanto para ben como (neste caso concreto) para non tan ben: no informe, o sector da telefonía xerou o 40% das reclamacións tramitadas o ano pasado.
Na memoria da OMIC, establécense unha serie de bloques. O bloque de consultas lidérao no apartado de servizos os de telefonía móbil (271), seguido dos servizos financeiros (224) e de electricidade (143), ránking que no bloque de reclamacións tamén encabezan os servizos de telefonía móbil (98 reclamacións), seguido dos de electricidade (63), telefonía fixa (29), transporte aéreo (17 e comercio electrónico (11).
No que aos produtos se refire, destacaron sobre todo as consultas sobre teléfonos móbiles (72), seguido moi de lonxe da compra de electrodomésticos (22), roupa (18), produtos informáticos (16), calzado e complementos (14) e compravenda de automóbiles (11).

PUBLICIDADE