A tecnoloxía que nos agarda ao final desta década centra o evento SinFitro deste luns

luns, 13 de decembro do 2021 S. P.

A Sede Afundación da Coruña acolle hoxe un novo evento SinFiltro, no que serán abordados os significativos avances tecnolóxicos que se prevén ao final desta década en ámbitos de gran impacto na sociedade en xeral. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo e o encontro retransmitirase tamén en directo a través de Afundación TV, previo rexistro.
Moderada por Marcelo Castelo, a mesa redonda contará coa participación de sete altos directivos de tecnoloxía de distintas organizacións líderes no seu sector. O obxectivo específico é aproximarnos “de forma amena e accesíbel” aos “impresionantes avances tecnolóxicos que se esperan ao final desta década en ámbitos con gran impacto no día a día da sociedade no seu conxunto”. As prazas son limitadas e asignaranse por orde inscrición. Contarase coa presenza dos directivos de tecnoloxías das seguintes organizacións:
-Gonzalo Martínez Diéguez, director corporativo de Novas Tecnoloxías de Logisfashion, S.A.
-Nuria Alonso Santamarina. Directora de Operacións de Move Estrella Galicia Dixital.
-María José Carmona Puente. CIO en Tradebe.
-Rosa Cortada. Responsable da Área de Sistemas de Información e Infraestruturas de Oxfam Intermón.
-Francesc Muñoz. CIO de Cuatrecasas
-Alberto Almajano. CIO Iberia de B. Braun Group.
-José Manuel Valiño. Director xeral de TI, información, procesos e operacións de Abanca.
A xeito de peche, o acto rematará cun faladoiro con Fernando Suanzes Pérez, fiscal superior de Galicia.

PUBLICIDADE