A tecnoloxía LTE podería tomar o relevo do WiMAX en 2012

martes, 9 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A banda larga móbil parece querer seguir o mesmo camiño de paralelismo tecnolóxico que teñen o resto de tecnoloxías sen fíos ata o momento, e así como o Wi-Fi compite co GPRS, o UTMS e o HSDPA, parece ser que o WiMAX non quedará libre de competencia dentro da conectividade celular, polo que os analistas da consultora ABI Research sosteñen que hai que ter en conta a norma LTE (Long Term Evolution) que podería levar á telefonía móbil a unha conectividade 4G podendo mesmo arrebatarlle a súa posición ó tan anunciado WiMAX.
Philips Solis, analista de ABI Research especializado en servizos WiMAX asegura que esta tecnoloxía arrasará en 2008, e durante 2009 se xeneralizará mundialmente, pero as operadoras de telefonía poderían prescindir de tal tecnoloxía para apostar por LTE, que é unha conectividade máis lóxica para os operadores de telefonía, por estar dentro da liña de evolución das súas normas aceptadas, aínda que xa hai operadoras que estudan entrar nun primeiro momento no WiMAX. Coidan así que LTE non sucederá ó WiMAX ata 2012, ano no que se agarda que conte con 95 millóns de equipos conectados e 200 millóns de periféricos móbiles.

PUBLICIDADE