A suposta manipulación da Wikipedia crea un intenso debate
venres, 24 de agosto do 2007
|
Estes dÃas na Internet está a vivirse un intenso
debate sobre certas prácticas xornalÃsticas centrándose na difusión de varias
reportaxes sobre a suposta manipulación
dos datos da Wikipedia por parte da CIA ou o Vaticano, acusándose de
irresponsabilidade a TVE e Antena 3 por chegar a modificar artigos da Wikipedia para amosar cómo se facÃa (e non corrixÃndoos
logo) no que consideran que se
tratou dun acto vandálico, aÃnda que finalmente se aclarou que tal práctica
só a realizaron dende Antena 3 (no informativo de La 2 só se citou o asunto e
non se chegou a manipular o texto).
|
Pero non só o feito de vandalizar a
Wikipedia para ilustrar unha nova en televisión é algo censurable, senón que a
propia información difundida sobre a manipulación de artigos por parte da CIA e
do Vaticano resulta ser unha esaxeración, xa que en realidade os que editan na
Wikipedia na meirande parte dos casos son traballadores destas entidades
operando coma calquera outro usuario da enciclopedia libre, e non por encargo
da súa compañÃa, de xeito que mesmo comentan nun espazo creado por Wired
que as modificacións da Wikipedia por parte de axentes da CIA eran anotacións a
textos sobre as pelÃculas de Star Wars no que dificilmente a Axencia
norteamericana terÃa interese dalgún tipo.
AsÃ, a creación da aplicación Wikiscanner
(que permite analizar dende onde se fan as anotacións na Wikipedia) serÃa unha
información interesante para moitos internautas, pero pasar de aà a unha
denuncia de manipulación baseada en deducións sen fundamento tras usar tal
ferramenta hai moita distancia, o que non evitou que a meirande parte dos
medios de comunicación se fixeran eco de tal información errónea.