A semana que vén desenvolverase a 3ª edición do Leadership Fórum e-Comm

luns, 27 de abril do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro venres e até o 17 de maio desenvolverase unha nova edición de Incoruña, marca baixo a que se desenvolven distintas iniciativas que este ano teñen como lema “aprender, emprender e gozar”, e que permitirán coñecer casos de éxito en distintos ámbitos á vez que contará coa presenza de recoñecidos oradores nacionais e internacionais en material de creatividade, coaching e liderado. Dentro do ámbito tecnolóxico o máis salientable sería a celebración entre os días 5 e 6 de maio do Leadership Fórum e-Comm, que chega á súa terceira edición buscando a súa consolidación como evento galego sobre o comercio electrónico.
Este encontro sobre a creación de tenda en liña, exploración de novos nichos, exportación e internacionalización desenvolverase na sede coruñesa de Afundación, será unha actividade de balde para a que é preciso inscribirse en liña, e contará paralelamente cun par de obradoiros (de pagamento) que abordarán a mellora da conversión e a rendibilidade no comercio electrónico e a analítica web.
Participarán no evento figuras como Victoria Vera, directora do ICEX-eMarket Services, Sheila Álvarez (Elogia), Manuel Camacho (Solostocks) ou Pablo Medraño (Roi Scroll), entre outros, que buscarán amosar á PEME coruñesa e galega, ao profesional que está a emprender no comercio electrónico e ao negocio tradicional o potencial que ten a Internet para fornecer as súas actividades.

PROGRAMA DO LEADERSHIP FÓRUM E-COMM


MARTES 5

10:00 - INAUGURACIÓN: Apertura E benvida
10:05 - RELATORIO: Exportar sendo pequeno (Victoria Vera, directora ICEX – eMarketing Services)
11:30 - Coffee Break
11:45 - MESA REDONDA: eTenderos & casos de éxito
13:00 - Pausa
13:00 - 16:00h. Xantar libre
16:00 - Dropshipping (Miguel López – Manufacturas de Internet)
16:45 - Neuromarketing (Mª Carmen Fernández – Infinitum eCommerce)
17:30 - Digital Business (Pablo Medraño – director Social Media de Roi Scroll)
18:30 - Social eCommerce (Mapi Báez, CM certificada HootSuite)

En paralelo: MEETING PROFESIONAL
17:00 - 19:00 - Ricardo Tayar: coversións ecommerce (& rocanrrol)

MÉRCOLES 6

10:00 - Manuel Camacho (Solostocks): eCommerce para unha PEME
11:30 - Pausa
11:45 - MESA REDONDA: clientes especiais
13:00 - Pausa
13:00 - 16:00 - Xantar libre
16:00 - Crear unha tenda en liña de xeito sinxelo e case de balde
17:00 - Marketing para e-commerce. (Sheila Alvarez, Elogia)
18:30 - Sequra, a pasarela en liña que permite mercar sen pagar (e a crédito). (CEO Sequra)
20:00 - Nova lexislación e-commerce (Kike Soria – Tech & Law)

En paralelo:
17:00 - 19:00 - ImprovingMetrics: analítica para ecommerce

PUBLICIDADE