A semana que vén a Coruña acollerá unha nova edición da serie de charlas FIC OnDev

venres, 28 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Unha vez superadas as cinco xornadas de actividades de FIC OnLAN 2014, a asociación Freak’s Party organiza un ano máis FIC OnDev, unha serie de chalas que celebraranse na Facultade de Informática da Coruña entre os días 31 de marzo e 4 de abril.

Manuel García (Zarpamos) impartirá un obradoiro sobre Lean Startup na edición deste ano de FIC OnDev

O primeiro dos relatorios será o luns 31 de marzo ás 16:00 horas na aula 2.5w, onde Juan José Romero Crussat (Suma Importancia) falará de Casos prácticos sobre como levar adiante unha idea; ás 10:00 horas do martes 1 de abril será Alberto Díaz Freire (R) o encargado de falar sobre Marketing e innovación e chaves do éxito para un informático na aula 0 Máster; o ecuador das charlas chega o mércores ás 16:00 horas na aula 2.5w, con David Barral (Trabe) augurando que “o Javascript rematará con nós”; para os interesados en emprender no sector TIC pode resultar de grande utilidade o relatorio de Manuel García (Zarpamos) sobre metodoloxía Lean Startup o xoves 3 de abril a partir das 10:30 horas na aula 0 Máster; e, finalmente, Adrián (Lupeon) o venres 4 de abril ás 16:00 horas na aula 3.3 abordará a impresión e o escaneado 3D e a súa experiencia emprendendo en tal ámbito.

PUBLICIDADE